POR QUE ESA PULSEIRA? 🤔🤭🤣😘


Coma esta canción ☀️ , hai cousiñas que nos transportan aos momentos nos que mellor estamos e devecemos por ver chegar. Así se atopa unha nunha clase de historia soñando co fogón encendido nas vacacións de Nadal.

Hai certos arrecendos, temperaturas e sons que nos presaxian a chegada dun próximo verán e nos acariñan ca lembranza dos pasados: ambas son igual de reconfortantes. Pero e se en vez de vivir de sucedáneos houbera forma de chimpar no tempo de verdade?


Pois dentro desa pulseira hai días de verán reais, ca ITV pasada. Só se desbloquean e son vivibles tres meses ao ano, eclosionan co calor. Pero están aí, de feito díxomo Stephen Hawking cando lla fun pagar. 🌷


Que lle pedín que puxera "raio de sol" pero non lle quedaban letras? Si. Que o resultado é mellor? indudablemente. Pero hai raios de sol tamén. Hai de todo. 👙


Aínda que do que máis é agharimo pour toi. 


Pd: Se che queda pequena reclama. Condenado Stephen. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

UNHA CANCIÓN DE MIN PARA TI

Outra vez, adóroche

COMO CHE VEXO