Todas as secuencias Chegaron á sua conclusión O porto non pode esperar Atravesarei o mundo E voando chegarei Ata o teu patio interior E eu buscareiche alá en Italia En Cancún, e no río Té Ti bombón, es coma os da Pascua Pequenos versos versionando unha cansión que me lembra moito a ti. Sei que che gustan os oitenta, pois con isto tés unha dose estética. Descubrín esta canción en setembro e xa aquel día a letra me lembrou a ti. Temos que ir de viaxe. temita en cuestión <3
Moi boas a todo o mundo pero moi especialmente a R!! Hai quen ten páxinas de fans de Ariana Grande, hai quen as ten de Zendaya. Eu téñoa de R. Despois de media ducia de anos achegada a esta persoa unha acaba sucumbindo aos seus encantos ata o punto da radicalización. Mais desta vez quería facer declaracións públicas na vez de darlle máis cartas, porque a pobre xa tivo bastante. Quero que se vexa isto coma as babas deses cans feos cando ven comida. Literalmente babas. Coma as dese emoticono que tanto se usaba en 2017. O que quero dicir é que o mundo saiba o seguinte: A creadora deste blogue tenlle a R 857768379837928374983749837453568965839469837359 veces máis cariño do que pensa. Palabra de fanática. Alá imos. 💟
Comentarios
Publicar un comentario