Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2021

POR QUE ESA PULSEIRA? 🤔🤭🤣😘

Imaxe
Coma esta canción  ☀️  , hai cousiñas que nos transportan aos momentos nos que mellor estamos e devecemos por ver chegar. Así se atopa unha nunha clase de historia soñando co fogón encendido nas vacacións de Nadal. Hai certos arrecendos, temperaturas e sons que nos presaxian a chegada dun próximo verán e nos acariñan ca lembranza dos pasados: ambas son igual de reconfortantes. Pero e se en vez de vivir de sucedáneos houbera forma de chimpar no tempo de verdade? Pois dentro desa pulseira hai días de verán reais, ca ITV pasada. Só se desbloquean e son vivibles tres meses ao ano, eclosionan co calor. Pero están aí, de feito díxomo Stephen Hawking cando lla fun pagar. 🌷 Que lle pedín que puxera "raio de sol" pero non lle quedaban letras? Si. Que o resultado é mellor? indudablemente. Pero hai raios de sol tamén. Hai de todo. 👙 Aínda que do que máis é agharimo pour toi.  Pd: Se che queda pequena reclama. Condenado Stephen. 

Outra vez, adóroche

Imaxe
 Se che quedan dúbidas, le sempre as cartas. 💌💌💌💌💌💌💌💌💌💌 Tou aquí sempre sempre sempre que queiras falar. Gústame escoitarche, non é algo que me vexa forzada a facer por compromiso. Realmente quero saber as túas inquedanzas e ideas.  Pero tamén, se che apetece oir palabriñas do corasón, recurre a min. Non teño dificultade algunha en intentar camelarche cas miñas verbas de afecto. Entendo que todo en exceso e malo e tamén me fago pesada. Pero é que me dá medo que non teñas claro que es das persoas máis importantes para min.  quérete m8 😙

REASONS WHY R DEBERÍA VALORARSE

 Rasóns polas que R debería de se valorare 🌻   1. Empatía estratosférica 2. Intelixencia emocional de la ostia 3. Don de xentes 4. Moi limpiña e ordenada 5. Voz agradable aos oídos 6. Cara agradablísima aos ollos 7. Pelaso, de catálogo 8. Real hasta la muerte. É que te paras a pensar e sempre está e estivo aí. Ghrasias. 9. Traballadora. Se ben isto lle xoga malas pasadas, é unha tipa queselocurra e merese moitísimo ben por iso. 10. Ten sempre boas palabras gardadas nalgún sitio. 11. É sensible e a súa intelixencia intrapersoal é *cheff's kiss* 12. Fala dpm o inclés, de viaxe podes guiarte con ela 13. Ghuapa ghuapa ghuapa ghuapa ghuapa 14. Preocúpase polos demáis incluso cando sabe que é ela quen necesita falar un pouco 15. Respecta ao resto de ser humanos do planeta con innata naturalidade 16. Fai moita ghrasia quero disir eu sempre me río milleiros 17. kxonda 18. Nunca causa problemas en ningures. Hai xente que é mala por ter algo que facer, R sería o contrario.  19. 100% abrazab

MENÚ ESPESIALISADO

Imaxe
 He aquí unha lista de posibilidades no caso de verse un/ha na situación de alimentar a R.  🍉🍒🍒🍒🍓🍟🍤🍝🍗🍫🍴🍒🍒🍒🍒 1. Empanada de atún   2. Ensalada de atún      3.Croquetas 4. Clásico polo con patacas 5. Macarróns con tomate (e preferiblemente atún) 6. Pulpo á feira 7. Calamares     8. Langostinos rebozados     9. Marisco en xeral     10. EU.     Espero que isto fora útil para a humanidade!! <3<3<3

PLEILIST PARA TI

Imaxe
Nesta breve lista metín de momento 10 cousas que asocio a ti. Lembro tardes escoitando algunhas destas cancións ou outra polo estilo mentres falábamos e falábamos da vida. Gustábame como xiraba a silla da túa cociña e na túa habitación facía calor.  🎬🎧💗💗 Tamén che fixera unha con  recomendacións en spoti que deixo por se algún día che apetece revisitar. Temos gustos diferentes pero fíxeno de boa fe. 

ALGHO ASÍ

Imaxe
 Proposta de plans a ser cumpridos com você mediante imaxes

COMO CHE VEXO

Imaxe
 Isto é un ensaio estético sobre os estímulos visuais que relaciono coa túa persoa por forza da túa propia proxección de intereses, sentimentos xerais que transmites e overall just vibes.  

UNHA CANCIÓN DE MIN PARA TI

Imaxe
  Todas as secuencias Chegaron á sua conclusión   O porto non pode esperar Atravesarei o mundo   E voando chegarei   Ata o teu patio interior E eu buscareiche alá en Italia En Cancún, e no río Té Ti bombón, es coma os da Pascua   Pequenos versos versionando unha cansión que me lembra moito a ti. Sei que che gustan os oitenta, pois con isto tés unha dose estética. Descubrín esta canción en setembro e xa aquel día a letra me lembrou a ti. Temos que ir de viaxe. temita en cuestión <3  

Razón de existir desta páxina

Imaxe
Moi boas a todo o mundo pero moi especialmente a R!! Hai quen ten páxinas de fans de Ariana Grande, hai quen as ten de Zendaya. Eu téñoa de R. Despois de media ducia de anos achegada a esta persoa unha acaba sucumbindo aos seus encantos ata o punto da radicalización. Mais desta vez quería facer declaracións públicas na vez de darlle máis cartas, porque a pobre xa tivo bastante. Quero que se vexa isto coma as babas deses cans feos cando ven comida. Literalmente babas. Coma as dese emoticono que tanto se usaba en 2017.  O que quero dicir é que o mundo saiba o seguinte: A creadora deste blogue tenlle a R 857768379837928374983749837453568965839469837359 veces máis cariño do que pensa. Palabra de fanática. Alá imos. 💟